Condenado un neno de 14 anos de Pontevedra por malos tratos, abusos sexuais e ameazas contra a súa moza

O Xulgado de Menores impónlle nove meses de liberdade vixiada
O Xulgado de Menores da Audiencia de Pontevedra acaba de condenar un neno de 14 anos a nove meses de liberdade vixiada por delitos de malos tratos, abusos sexuais e ameazas contra a súa moza. O acusado terá tamén que participar en programas formativos de educación sexual e educación na igualdade.
O rapaz metíase co físico da moza, chamándolle fea e controlándolle a súa maneira de vestir. A vítima chegou a precisar tratamento médico para superar as obsesións polo seu físico e os problemas de alimentación que desenvolveu.