Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mulleres toman o mando no mundo do viño

As mulleres toman o mando no mundo do viño

Na D. O. Rías Baixas traballan máis de 2.600 mulleres, algunhas en postos directivos

A adega ten unha clara aposta polo equilibrio entre homes e mulleres
G24.gal 27/03/2025 19:14 Última actualización 27/03/2025 20:07

As mulleres teñen cada vez maior presenza  no mundo do viño. Na Denominación de Orixe Rías Baixas hai máis de 2.600 mulleres, a maioría  delas son viticultoras.

Ás portas das adegas do Grupo Condes de Albarei están abertas ás mulleres; aquí hai presidenta, enóloga, comerciais, viticultoras e mulleres tamén no consello reitor.

A adega ten unha clara aposta polo equilibrio entre homes e mulleres. Segundo Andrea e Alicia, as mulleres sempre tiveron presenza no agro galego.

Belén Varela é directora e propietaria da súa propia adega en Barrantes. Está convencida tamén de que as mulleres galegas sempre tiveron voz e mando no campo.

Ningunha delas se sentiu case nunca discriminada, pero a realidade é que seguen escoitando con sorpresa que hai directivas mulleres; isto implica que a situación non cambiou de todo.

Belén, Andrea, Alicia desenvolven un exitoso labor e demostran que non hai que poñerlle portas ao campo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade