Apicultores e Universidade traballan nunha nova ferramenta dixital para facilitar a recollida de datos nas colmeas

É un proxecto pioneiro en España que tamén permitiría recibir alertas sobre posibles problemas ou enfermidades para reaccionar de xeito máis rápido e eficaz
Analizan as primeiras probas de voz para dar forma a unha aplicación que axude aos apicultores a recolleren datos nas colmeas.
Adrián Seara, Investigador principal de Apiconecta: "Que o poidan facer de forma natural, falando como fan eles, e a aplicación os pase a unha folla ou informe".
Esther Ordóñez, Agrupación Apícola de Galicia: "Coas luvas, co traxe, coas abellas ao redor, non é doado coller datos. Ás veces os apicultores poñen unha pedra na colmea, iso significa que está ben. Dúas, hai que revisala".
Esta nova ferramenta permitiría recoller máis datos e optimizaría o traballo nas colmeas. Ademais toda esa información podería compartise tamén cos técnicos para coñecer en tempo real o estado dos apiarios e emitir alertas sobre riscos ou enfermidades.
É unha ferramenta innovadora en toda España que melloraría a xestión e a produtividade das ao redor de 200 mil colmeas que hai en Galicia.