Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lobo ataca mortalmente un rabaño de vacún preto das casas en Rodeiro

O lobo ataca mortalmente un rabaño de vacún preto das casas en Rodeiro

A cabana estaba nunha leira protexida con pastor eléctrico de tres fíos moi preto das casas do lugar de Camba

O lobo matou unha becerra que aínda non tiña dous meses de vida este luns nunha explotación extensiva de rubia galega en Rodeiro
G24.gal 29/10/2024 14:11 Última actualización 29/10/2024 15:31

Rubén, o dono da gandería, amasa o punto onde apareceu este luns a vítima do ataque do lobo. Conta que é a primeira vez que sofren unha baixa na súa cabana pero que os encontros co lobo non son tan raros neste val do concello de Rodeiro. De aí, as medidas de prevención que aplican.

"Convivimos con el a diario. Pero nunca dano nos fixera ata agora", afirma Rubén Hermida, propietario da Gandería Laura Taboada de Camba.

Outro aspecto sorprendente do ataque deste ataque do lobo en Camba é que tivo lugar a poucos metros de distancias das vivendas.

Como medida tranquilizadora, Rubén trasladou a cabana que sufriu o ataque, pero a novela nai da vítima non cesaba de laiarse da perda. O animal que perdeu aínda non tiña dous meses de vida. Para os donos desta gandería de raza rubia galega de crianza extensiva ocasiónalles un prexuízo económico difícil de cuantificar.

Sobre a poboación de lobos na zona, Rubén sinalaba que supoñen que hai unha manda deles pero descoñécese en que cantidade se moven por esta contorna da serra do Faro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade