Gandeiros do Pino denuncian continuos ataques dos lobos
Gandeiros do Pino denuncian continuos ataques dos lobos
O lobo matou no que vai de ano uns 50 animais só en seis granxas do concello do Pino
Os gandeiros do concello do Pino din que están desesperados. O lobo matou catro tenreiros dunha mesma granxa en só dous días. E esta mesma noite matou unha vaca. Piden solucións urxentes porque, aseguran, "así non se pode nin traballar nin vivir".
Na granxa de Lucía García o lobo matou catro tenreiros en só dous días. Di que "nestes últimos tempos está atacando con moita frecuencia. Que teñen que ser varios lobos pola cantidade de carne que comeron e pídelle a Administración ou a quen competa que lles dean unha solución". Ela, xunto con outros gandeiros de O Pino aseguran que no que neste último ano o lobo matou uns 50 animais en só seis granxas.
Na noite deste martes o lobo volveu atacar e matou unha vaca dunha granxa de Lordeiros. Denuncian grandes perdas económicas e reclaman solucións urxentes. Quéixanse tamén das insuficientes axudas económicas que hai por cada animal morto e do atraso nos pagos.