Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case todos os polígonos de bateas están abertos un mes despois do episodio de toxina

Case todos os polígonos de bateas están abertos un mes despois do episodio de toxina

Pola toxina lipofílica só quedan pechados dous na ría de Pontevedra e un na de Vigo

Hai outros dous polígonos en Pontevedra nos que tampouco se pode coller mexillón pero é pola toxina paralizante

G24.gal 18/11/2024 16:12

Hai case un mes a marea vermella levou ao peche de case a totalidade de zonas de extracción de mexillón. Agora, a situación mellorou moito, só están pechados 5 polígonos das 52 áreas de viveiros flotantes.

"Só quedan 3 polígonos pechados, dous na ría Pontevedra e un na de Vigo. Ademais teñen xa un primeiro negativo, é dicir, que é previsible que xe abran este martes. O que está vindo agora é a toxina paralizante, de feito, pechamos dous polígonos a semana pasada na ría de Pontevedra, en Portonovo", di Covadonga Salgado, directora do Intecmar.

"A situación está complicada, nós estamos esperando a que finalice o ano para ver que medidas tomamos. As confrarías vivimos o 95 % do marisqueo e en xullo e agosto non levabamos nin facturado un 8 % con respecto ao ano pasado", comenta Rosalino Díaz, patrón maior de Vilanova de Arousa.

O que si é que o mexillón non alcanza un tamaño grande.

"Parecía que o mexillón ía collendo peso, forza pero hai que ir controlando. Estes son os meses máis idóneos para a recollida pero tamén estamos cun tempo que non parece novembro nin moito menos, sostén Covadonga Salgado, directora do Intecmar.

A campaña de Nadal de momento encárase con optimismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade