Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ría de Muros e Noia segue pechada ao marisqueo por mor da toxina

A ría de Muros e Noia segue pechada ao marisqueo por mor da toxina

Dúas análises negativas poderían permitir a actividade a vindeira semana

G24.gal 19/10/2024 17:03

A toxina obrigou a pechar a ría de Muros e Noia ao marisqueo só catro días despois de botar a andar a campaña.

Recibiron a nova o xoves ás 20:00 horas logo dunha boa xornada de traballo. Agora, os 7.500 quilos de berberecho que venderon ese día van ter que os recoller e destruír.

Ademais, están pendentes das contraanálises da ameixa xapónica para saber se teñen que desbotar tamén a cantidade recollida.

Para evitar máis perdas, reclámanlle a INTECMAR que faga máis probas, dúas horas antes de saír ao mar, para saber se os moluscos teñen toxina no momento da extracción.

A curto prazo, agardan que a vindeira semana haxa dúas análises negativas para poder saír traballar e recuperar algo a campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade