Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boas perspectivas, tamaños e prezos no inicio da campaña da voandeira

Boas perspectivas, tamaños e prezos no inicio da campaña da voandeira

Os mariñeiros de Cambados e Rianxo lograron recoller máis de seis toneladas deste bivalvo na primeira xornada

Voandeira
G24.gal 05/11/2024 16:49

A campaña da voandeira arrinca con moi boas perspectivas. Os mariñeiros de Cambados e Rianxo lograron recoller nesta primeira xornada máis de seis toneladas de moi boa calidade.

Manuel Domínguez, xerente da lonxa de Cambados, indica que este ano o bivalvo está a ter "un tamaño moi igualado e moi grande", algo que "se notou na cotización". Indicou tamén que practicamente todas as embarcacións trouxeron o tope de produto.

Moita cantidade de voandeira vai para conserva. En concreto, dos 4.500 quilos capturados o luns, Manuel Domínguez estima que uns 3.000 quilos van destinados a conserva.

Malia que é cedo de máis para dicir se a campaña será boa ou non, para Manuel as expectativas son positivas. No sector esperan que a campaña da voandeira chegue ata finais de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade