Publicador de contidos
Publicador de contidos

O camarón, un manxar cada vez máis escaso

O camarón, un manxar cada vez máis escaso

En 2024 tan só se poxaron 32 toneladas nas lonxas galegas, fronte ás 90 de antes da pandemia.

Na Arousa, un plan experimental permite poñer as nasas de camarón nas bateas

G24.gal 03/01/2025 15:23

O camarón é un dos mariscos máis desexados, pero cada vez hai menos nas lonxas galegas. En 2024 tan só se poxaron 32 toneladas, fronte ás 90 de antes da pandemia.

"Algúns din que é pola falta de algas, ou ao cambio de temperatura da auga e o cambio climático. Non sei, pero as capturas baixaron. Nós tivemos moitos problemas polos temporais e as borrascas", explica Juan José Rial Millán, patrón maior da Illa de Arousa.

Temporais que fixeron que ata maio na lonxa da Illa case non fixeran vendas de camarón. Pero lograron ir mellorando as capturas, grazas, en parte, ao plan experimental que lles permite poñer as nasas nas bateas de mexillón.

"O camarón é preeiro e na batea ten algas e se alimenta ben. Este plan é un aliciente para que os mariñeiros traballen o camarón, e non interfire coa cría do mexillón", engade o patrón.

Do que non teñen queixa é do prezo que acada o camarón, sobre todo nas datas sinaladas.

"Rematamos o ano con prezos de ata 170 euros o quilo o camarón grande, e o mediano entre 60 e 90", di Rial Millán.

Precisamente porque o prezo adoita compensar as escasas capturas, gustaríalles poder ir aumentando o número de bateas nas que meter as nasas de camarón. A campaña, na que participan unhas 60 embarcacións, vaise estender ata o vindeiro 31 de marzo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade