Contido con Xeográficas .
A Illa De Arousa

O plan de conservación Plancton saca dúas toneladas de lixo do fondo do mar na Illa de Arousa
15/03/2025 16:10
Vinte e seis mergulladores voluntarios participaron nesta xornada do plan de conservación que promove a obra social de Abanca

O camarón, un manxar cada vez máis escaso
03/01/2025 15:23
En 2024 tan só se poxaron 32 toneladas nas lonxas galegas, fronte ás 90 de antes da pandemia.
Na Arousa, un plan experimental permite poñer as nasas de camarón nas bateas

Poucas capturas pero bos prezos no comezo da campaña do camarón con nasa nas bateas da Arousa
02/11/2024 16:39
O plan experimental de pesca do camarón con nasa nas bateas comezou o ano pasado
Nesta campaña ampliouse de 25 a 42 embarcacións

Investigan a orixe do incendio que se produciu na tarde do mércores na Illa de Arousa
08/08/2024 09:21
Todo apunta a que o lume foi intencionado, xa que os operarios atoparon catro bengalas

Falece a muller ferida na explosión dunha vivenda na Illa tras un escape de gas
27/06/2024 13:45
A muller, de 43 anos, fora trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña

Ferida grave unha muller nunha explosión na súa vivenda da Illa de Arousa
25/06/2024 14:16
O seu fillo menor de idade saíu ileso
Un escape de gas foi a causa máis probable do sinistro

Concentración de barcos do sector bateeiro fronte a Altri na canle da ría da Arousa
12/06/2024 20:45
Greenpeace tamén estivo presente na protesta

O invasor ocinebrelo pon en alerta o marisqueo da Illa de Arousa
13/05/2024 19:04
Este molusco univalbo, procedente do Xapón, leva vinte anos colonizando Europa
A Illa de Arousa é o único punto da costa galega onde se localiza polo de agora
.png)
A Fundación ABANCA recolle 1.300 quilos de lixo no illote Guidoiro Areoso
13/04/2024 19:57
Desde que botou a andar o proxecto PLANCTON levan recollidas case 67 toneladas de residuos nos mares e areais galegos

A Illa de Arousa recupera a electricidade despois de máis de seis horas sen subministración
28/12/2023 17:31
Un incendio nos cables da ponte produciu un corte de subministración ás once da mañá

Comeza o libre marisqueo en Arousa co banco dos Lombos pechado
02/10/2023 14:10
Os rañeiros non teñen boas expectativas e dan por feito que a campaña rematará en decembro
O berberecho dos Lombos non dá a medida comercial e temen que morra no inverno

Os veciños da Illa de Arousa sofren a presión do turismo no tráfico de acceso a illa
07/08/2023 14:37
Atoamentos quilométricos nas fins de semana e nas horas da volta das praias

Investigan a elevada mortaldade de marisco na praia da Canteira na Illa de Arousa
11/07/2023 13:54
As mariscadoras apuntan a unha vertedura como posible causa

O illote do Areoso ponlle desde hoxe límite á súa masificación
04/07/2023 14:58
Só se pode visitar o Areoso previa inscrición en http://areoso.xunta.gal
O acceso ao illote queda restrinxido a 150 persoas diarias, 50 por cada unha das tres quendas habilitadas
Haberá multas a partir de 3.000 euros para os que accedan sen permiso

Avistan unha quenlla azul na Illa de Arousa
22/06/2023 20:32
Crese que buscou refuxio en augas tranquilas porque está ferida

Unha quenlla de metro e medio visita a Illa de Arousa
22/06/2023 14:02
"Son animais que se achegan cada vez máis ás praias, o que pasa é que esta é máis grande do que adoita pasar", aseguran desde a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA)

Limitan a 150 persoas o número de visitantes diarios no illote de Areoso
19/06/2023 14:08
Desde a Consellería de Medio Ambiente advirten da necesidade de restrinxir as visitas debido a que unha "excesiva afluencia" de persoas a eses illotes que "poñía en perigo o patrimonio natural"
.png)
Recollen dúas toneladas de lixo na contorna do Areoso, na ría da Arousa
15/04/2023 14:42
Sobre todo cordeis, aparellos vellos e varios trasmallos de 12 metros. Tamén se liberaron centolas atrapadas

Rouban material no Club de Piragüismo da Illa e na Escola de Navegación Dorna
20/03/2023 14:24
No club entraron por unha ventá e na escola rebentaron o marco da porta
Parte do roubado deixárono esparexido polos arredores dos locais na praia do Vao
Dorna demanda unhas instalacións máis céntricas para poder protexer mellor o patrimonio marítimo

Lontreira, pop de sintetizadores para bailar dende da Illa
15/03/2023 15:38
Apnea, o primeiro disco de Lontreira, ten nove composicións en galego con diferentes estilos
En xuño de 2022 gañaron o concurso A canción do verán da CRTVG con Corazón de toxo
En concerto esta fin de semana na Fábrica de Chocolate, en Vigo

Antidroga inspecciona o narcosubmarino Poseidón nun peirao da Illa de Arousa
14/03/2023 16:26
Logo de ser reflotado a primeira hora desta tarde, o somerxible foi trasladado a un varadoiro para tratar de obter máis datos sobre a embarcación e sobre os responsables do transporte de droga

Unha rata deixa sen luz parte da Illa de Arousa
09/03/2023 14:00
Provocou un curtocircuíto ao achegarse a un transformador subterráneo
O apagamento produciuse ao mediodía e durou corenta minutos

Unha loba mariña e tres tartarugas recupéranse na Illa de Arousa antes de regresar ao mar
06/03/2023 14:20
As instalacións do IGAFA serven de enfermería onde recuperan forzas antes de regresar ao seu hábitat
A comunidade educativa alimenta e coida dos animais seguindo as pautas dos especialistas do CEMMA

Entra roubar nunha lavandería da Illa de Arousa por segunda vez en 24 horas
08/02/2023 13:58
O autor é un home, duns 54 anos e veciño de Noia, que foi detido pola Policía Local tras ser detectado a través das cámaras de videovixilancia

Rouban 300 euros e 170 paquetes de tabaco dun bar da Illa
07/02/2023 14:41
Calculan que o valor do tabaco roubado podería ascender a máis de 1.200 euros

Os socialistas achacan os ataques a varios alcaldes á crispación e o PP pide non "demonizar"
09/01/2023 15:57
Ao alcalde da Illa rompéronlle unha clavícula e ao de Vilanova intentaron queimarlle o coche

Un veciño agride na rúa o alcalde da Illa de Arousa e rómpelle a clavícula
08/01/2023 21:27
Un veciño co que o rexedor mantiña unha discusión empurrouno e guindouno ao chan
O socialista Carlos Iglesias rompeu a clavícula e presentou denuncia ante a Garda Civil

Aparece o corpo sen vida dun home de 51 anos na Illa de Arousa
19/12/2022 11:56
A Garda Civil mantén unha investigación aberta

Segue a vixilancia na ría da Arousa pola presenza de manchas de fuel no litoral da Pobra
18/12/2022 10:12
Capitanía Marítima e Salvamento Maríitmo manteñen o nivel de emerxencia 1 na ría, malia que o volume dos restos de hidrocarburo detectados era de "escasa entidade"
Xa se retiraron os restos na enseada da Pobra
A Plataforma en Defensa da ría da Arousa pídelle ao Goberno e á Xunta información sobre a vertedura localizada o martes na Illa

Pechan as bateas en Arousa por mor da aparición de novas manchas de fuel
15/12/2022 20:22
Unha delas nas inmediacións do Grove e a outra preto da Pobra do Caramiñal
Detectouse o peche de tres polígonos bateeiros da ría de Arousa

O litoral da Illa de Arousa, libre de fuel tras dous días de limpeza
15/12/2022 12:14
O buque responsable da vertedura continúa retido no porto de Vigo, á espera de que deposite a fianza que se lle impuxo polos costes de limpeza

Chegan restos de fuel á Illa de Arousa e investigan se procede dun barco retido en Vigo
14/12/2022 14:28
O portacolectores Wec Vermeer alertou o domingo dunha fuga de fuel a seis millas das Ons
O buque quedou retido no porto de Vigo baixo fianza de 230.000 euros

A rede desartellada no Salnés tiña no seu poder cinco toneladas de haxix
24/11/2022 11:47
Un total de 27 persoas foron detidas nas localidades pontevedresas de Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Sanxenxo e Catoira. Cinco deles ingresaron en prisión
Unha organización criminal marroquí contactou coa organización galega para conseguir embarcacións para introducir o haxix na península

Os mariñeiros saíron ao mar cos súas embarcacións en ringleira para salvar o seu medio de vida
13/11/2022 18:40

Nova regulación para as visitas e os usos permitidos no illote de Areoso
15/10/2022 14:53
Estarán regulados os fondeos e poderán acceder en temporada alta un máximo de 100 persoas ao día

Un grupo de menores estragan unha nave da confraría da Illa de Arousa
16/08/2022 13:55
As instalacións ían retomar a actividade de cría de moluscos dentro de poucos meses
Son 17 menores, rapaces e rapazas, 15 deles identificados no lugar dos feitos

Recupéranse favorablemente os dous feridos no accidente de lancha na Illa de Arousa
24/07/2022 15:33
O piloto da embarcación faleceu despois de quedar atrapado debaixo da batea

Un home morre ao colidir unha lancha contra unha batea na Illa de Arousa
23/07/2022 14:55
Outras dúas persoas que viaxaban na embarcación quedaron feridas graves

Comeza a campaña medioambiental "Gozar da praia sen deixar pegada"
17/07/2022 15:00
Mariscadoras das confrarías do Grove, Carril e a Illa da Arousa participan como voluntarias na campaña informativa
Reparten bolsas de lixo para depositar refugallos e cinceiros para as cabichas

Arde unha embarcación na Illa polo impacto dunha bomba de palenque
26/06/2022 18:19
A lancha recreativa estaba fondeada no peirao e a rápida intervención de veciños e bombeiros evitou que se afundise