Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entra roubar nunha lavandería da Illa de Arousa por segunda vez en 24 horas

Entra roubar nunha lavandería da Illa de Arousa por segunda vez en 24 horas

O autor é un home, duns 54 anos e veciño de Noia, que foi detido pola Policía Local tras ser detectado a través das cámaras de videovixilancia

Imaxe deste mércores desde a lavandería da Illa pouco despois de que un home intentara roubala por segunda vez en 24 horasobxecto do roube
G24.gal 08/02/2023 13:58

O dono da lavandería do Naval na Illa de Arousa tivo á primeira hora desta mañá a sensación dun xa visto desconcertante. No seguimento da videovixilancia do local observou que o individuo que onte á mesma hora entrara a roubarlle nas máquinas volvía ás andadas.

"Pareceume que estaba soñando. Surrealista total; isto non pode ser verdade, que me estean volvendo... á parte, era a mesma hora de onte. Pareceume totalmente surrealista. Non me parecía verdade. Quedei un pouco flipando e ...logo dixen, é verdade", relata Juan José Millán, propietario da lavandería.

O home, duns 54 anos e veciño de Noia, colleuno a Policía Local para, logo, entregalo á Garda Civil. Acababa así unha andaina de 24 horas na que procurou por dúas veces a recadación dunhas máquinas a unha hora en que practicamente estaban baleiras.

Desde a súa casa, o propietario do negocio observou como o ladrón interrompía a súa acción ao chegar alguén á lavandería, el entraba en diálogo como se nada pasara. Iso foi a mañá do martes: "Como podo falar a través do sistema de videovixilancia, díxenlle que marchara ou chamaba a policía. Foise e presentei a denuncia, porque intentou forzar as máquinas", di Millán.

Se o botín de onte foi de pouco valor, o detido non conseguiu nada hoxe e por riba deixou na lavandería un pantalón que, presumiblemente, usou como autoxustificación para entrar a roubar as moedas das máquinas dunha lavandeira autoservizo en días de pouca demanda e en hora de madrugador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade