O litoral da Illa de Arousa, libre de fuel tras dous días de limpeza
O litoral da Illa de Arousa, libre de fuel tras dous días de limpeza
O buque responsable da vertedura continúa retido no porto de Vigo, á espera de que deposite a fianza que se lle impuxo polos costes de limpeza
As praias da Illa de Arousa xa están libres de fuel, tras dous días de limpeza. Nos últimos días apareceron galletas de chapapote na zona sur da illa, procedentes supostamente dun buque portacontedores que emitiu unha vertedura preto de Ons.
Capitanía Marítima de Vilagarcía confirma que xa valora desactivar o Plan marítimo nacional en situación de alerta tras as últimas inspeccións. Nas últimas horas revisaron toda a liña de costa na illa. Segundo aseguran, non detectaron contaminación mariña.
Mentres, o buque continúa retido no porto de Vigo, á espera de que deposite a fianza que se lle impuxo polos posibles custos de limpeza e danos ambientais.