Cargando resultados...
Lontreira, pop de sintetizadores para bailar dende da Illa
Lontreira, pop de sintetizadores para bailar dende da Illa
Apnea, o primeiro disco de Lontreira, ten nove composicións en galego con diferentes estilos
En xuño de 2022 gañaron o concurso A canción do verán da CRTVG con Corazón de toxo
En concerto esta fin de semana na Fábrica de Chocolate, en Vigo
G24.gal
15/03/2023 15:38
Última actualización 15/03/2023 16:42
Lontreira é unha praia da Illa de Arousa, pero tamén o nome dun grupo musical emerxente que está dando moito que falar. Comezaron o ano pasado, gañando o concurso da Canción do Verán desta casa con Corazón de toxo. Dende entón no pararon. Agora acaban de lanzar ao mercado o seu primeiro disco, Apnea, en que mesturan interludios poéticos con cancións de estilos moi diversos. E iso é, precisamente, o que máis lles gusta aos seus tres compoñentes: crear sen límites.