Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño agride na rúa o alcalde da Illa de Arousa e rómpelle a clavícula

Un veciño agride na rúa o alcalde da Illa de Arousa e rómpelle a clavícula

Un veciño co que o rexedor mantiña unha discusión empurrouno e guindouno ao chan

O socialista Carlos Iglesias rompeu a clavícula e presentou denuncia ante a Garda Civil

G24.gal 08/01/2023 21:27 Última actualización 08/01/2023 21:32

De madrugada, na Illa de Arousa, cando se celebraban as festas de San Xulián, o alcalde sufriu unha agresión en plena rúa. Un veciño co que o rexedor mantiña unha discusión empurrouno e guindouno ao chan.

O socialista Carlos Iglesias rompeu a clavícula como consecuencia do golpe e tivo que ser trasladado ao hospital do Salnés. Logo de ser atendido das súas feridas, o alcalde presentou denuncia ante a Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade