Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha quenlla de metro e medio visita a Illa de Arousa

Unha quenlla de metro e medio visita a Illa de Arousa

"Son animais que se achegan cada vez máis ás praias, o que pasa é que esta é máis grande do que adoita pasar", aseguran desde a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA)

O tiburón azul entrou pola cara sur da Illa de Arousa e foi avistado a mañá e o serán deste mércores
G24.gal 22/06/2023 14:02

A cara sur da Illa de Arousa, a da Ribeira do Chazo, concretamente, foi por onde entrou o inusual visitante mariño que este mércores suscitou moitas miradas. A primeira, a de Belén Piñeiro, que viu pola mañá unha aleta rechamante na auga moi preto das rochas.  

Relata a arousá o sorprendida que quedou e o que pensou que podería ser cando viu tal saínte na superficie mariña.

É raro, pero non excepcional, ver un tiburón nunha localización así. De feito, volveu á mesma zona pola tarde e foron de CEMMA observalo. E a quen sabe destes animais chámalle a atención o tamaño deste exemplar, arredor de metro e medio.

"As quenllas son animais que se achegan cada vez máis ás praias, o que pasa é que esta é máis grande do que adoita pasar", di Uxía Vázquez, oceanógrafa da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA.

Preguntamos se é posible que a quenlla, que ten unha ferida, quede por aquí unha tempada e dinos a experta que non cre que iso vaia suceder, porque "son animais que están cansos, veñen a augas máis calmas e onde lles é mais doado alimentarse. O lóxico é que ao recuperarse volva a mar aberto".

Aínda emocionada pola vivencia, a arousá Belén Piñeiro tíñao moi claro sobre o rumbo da quenlla:

"Espero que estea libre e nadando polo océano, que é onde debe estar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade