Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os biólogos collen mostras da quenlla peregrina de Doniños antes de incinerala

Os biólogos collen mostras da quenlla peregrina de Doniños antes de incinerala

A quenlla é un macho adulto duns oito metros de lonxitude

Coas mostras fanse estudos xenéticos, de parasitoloxía ou de contaminantes

Foto cedida polo Concello de Ferrol
G24.gal 16/08/2023 14:52 Última actualización 16/08/2023 19:01

A quenlla chegou viva á praia de Doniños, en Ferrol, pero morreu pouco despois. Os servizos de rescate levárona á parte alta da praia para que a marea non a arrastrase mar adentro.

Os biólogos empezaron collendo as medidas externas do animal. Para eles trátase dun varamento excepcional.

"Ten moito interese. As mostras van ser fundamentais para os estudos de parasitoloxía, xenética ou de contaminantes que se fagan co CSIC, o Oceanográfico e a Facultade de Veterinaria de Lugo", afirma Pablo Covelo, biólogo da Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (Cemma). 

A quenlla chegou viva á praia de Doniños, pero morreu pouco despois

A segunda especie máis grande do mundo

Os biólogos despezaron o animal coa axuda dos membros de Protección Civil de Ferrol. Analízanse os órganos internos e o contido estomacal para comprobar se ten algún plástico grande ou ferida que puidese causarlle a morte. En principio, non atoparon nada rechamante. 

O tiburón peregrino que varou en Doniños é un exemplar macho, duns 8 metros. É a segunda especie máis grande do mundo, que pode chegar aos 12 metros.

A mediados do século pasado era habitual que houbera agrupacións destas quenllas na enseada de Bares, onde chegou a haber unha factoría que aproveitaba o seu aceite.

A quenlla incinerouse na planta de Gesuga, en Cerceda A quenlla incinerouse na planta de Gesuga, en Cerceda

Aumento de casos

A costa de Ferrol foi o escenario doutro varamento excepcional hai un mes e medio: unha balea xibardo de 7 metros que encallou na praia de Covas. 

En 2022 houbo 316 animais que vararon na costa galega. A gran maioría son cetáceos. As quenllas como a de Doniños son só o 10% do total. Pablo Covelo afirma que este verán detectan un aumento de varamentos de golfiños comúns que entran nas rías para comer. "Hai cinco veces máis que a media dos últimos anos", di. 

Moitos turistas e curiosos achegáronse a Doniños ver a quenlla Moitos turistas e curiosos achegáronse a Doniños ver a quenlla
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar