Un xornal británico alerta os que visitan España dos avistamentos de quenllas na costa
Un xornal británico alerta os que visitan España dos avistamentos de quenllas na costa
Nunha das publicación inclúe un mapa cos lugares dos avistamentos
Un dos que menciona é a quenlla vista hai unha semana na Illa de Arousa
O tabloide británico The Sun recolle estes días varias informacións en que alerta os turistas británicos que visitan España dos avistamentos de quenllas, unha especie de tiburón.
Nunha das últimas publicacións acompaña ademais a nova cun mapa onde localiza eses avistamentos, incluído o exemplar de quenlla visto a semana pasada na Illa de Arousa. E respecto a iso, recolle tamén as declaracións do mariñeiro e divulgador galego Rogelio Santos Queiruga nas que asegura que esta especie de tiburón non é ofensiva para o ser humano pero que non se deben tocar para evitar calquera reacción adversa.
A pesar destas alertadoras informacións, nas páxinas de The Sun tamén se asegura que en ningún caso a costa española se está a converter nun punto de acceso de tiburóns.