Publicador de contidos
Publicador de contidos

Avistan unha quenlla azul na Illa de Arousa

Avistan unha quenlla azul na Illa de Arousa

Crese que buscou refuxio en augas tranquilas porque está ferida

G24.gal 22/06/2023 20:32

A Illa de Arousa recibiu un inesperado visitante mariño. Avistouno Belén, unha veciña que se decatou dunha aleta rechamante na auga moi preto das rochas preto do porto da Ribeira do Chazo.

Non é frecuente, pero tampouco é algo inaudito, ver un exemplar destas características nas costas galegas.

Neste caso o excepcional é o seu tamaño, que roza o metro e medio.

Os membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) achegáronse a observalo e confirmaron que está ferido.

O normal é que esta quenlla azul pase aquí uns días e volva a mar aberto.

Adoitan achegarse a augas calmas cando están cansos, feridos ou se necesitan comida máis accesible que nos seus hábitats.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade