Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a orixe do incendio que se produciu na tarde do mércores na Illa de Arousa

Investigan a orixe do incendio que se produciu na tarde do mércores na Illa de Arousa

Todo apunta a que o lume foi intencionado, xa que os operarios atoparon catro bengalas

G24.gal 08/08/2024 09:21 Última actualización 08/08/2024 14:13

Pasadas as tres da tarde do mércores comezaba a arder este monte situado na estrada de acceso á praia de Area Secada, na Illa de Arousa. Foron os propios bañistas os que se decataron do lume e avisaron a emerxencias.

Os primeiros en chegar ao lugar foron a Policía Local e o propio alcalde da Illa. A súa rapidez evitou que varios coches acabasen calcinados.

Nos labores de extinción tamén participaron catro brigadas forestais, tres motobombas e un helicóptero. O lume deuse por extinguido ás oito menos dez da tarde. As primeiras hipóteses apuntan a que o incendio, que afectou a pouco máis de mil metros cadrados, puido ser provocado, xa que no lugar apareceron catro bengalas.

Este é o terceiro incendio rexistrado na Illa en menos dun mes. A Policía Autonómica fíxose cargo da investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade