O invasor ocinebrelo pon en alerta o marisqueo da Illa de Arousa
O invasor ocinebrelo pon en alerta o marisqueo da Illa de Arousa
Este molusco univalbo, procedente do Xapón, leva vinte anos colonizando Europa
A Illa de Arousa é o único punto da costa galega onde se localiza polo de agora
Nas augas da Illa de Arousa pospera de vello o ocinebrelo galego. Agora, convive co chamado americano ou ocinebrellus inornatus. Pódese confundir coa caramecha ou cornetiña, pero este pequeno caracol carnívoro é unha especie invasora que come bivalvos, neste caso, a ameixa da illa. Pégase á ameixa, fúraa e vai chuchando ata comela enteira. Aséntase nas rochas de onde só se pode extraer á man. Un traballo máis para as mariscadoras como nos conta Juan José Rial, patrón maior da Illa de Arousa.
"Cómpre collelas na baixamar. A pé pódese extraer porque sempre se localiza nos currunchos das pedras ou enriba delas. Teñen unha especie de alga por riba que as camufla moi ben na rocha e é complicado velos. 25 mulleres poden apañar tres ou catro capachos duns vinte quilos nunha xornada "
Depredador de ostras no Xapón, tras colonizar a costa americana, introduciuse en Europa en 1995. Vinte anos despois, o grupo de estudo do medio mariño en Galicia ilocalizábao na Illa de Arousa. Cren que chegou no lastrado dalgún barco.
"Cando os barcos andan lastrados con augas doutros países, sóltana nos portos aínda que non poidan, e esa auga trae varias especies como o wakame, o sargazo..."
Desde que se deu a alarma pasaron oito anos nos que se converteu nun perigo real e pasou engrosar a longa lista de depredadores do marisqueo como ouxas, estrelas de mar, caranguexos e pateiros. Moitos a comer do mesmo. Por iso, intentan erradicalo antes de que se converta nun problema maior se se estende polo resto da costa galega.