Nova regulación para as visitas e os usos permitidos no illote de Areoso
Nova regulación para as visitas e os usos permitidos no illote de Areoso
Estarán regulados os fondeos e poderán acceder en temporada alta un máximo de 100 persoas ao día
A Consellería de Medio Ambiente presenta a próxima semana a orde que regulará o uso público e o acceso ao arquipélago dos Guidoiros e á illa da Rúa, na ría de Arousa. Trátase de conservar o hábitat destes espazos, onde está o illote de Areoso, á vez que se permiten as visitas reguladas.
Os límites que impón a orde con vistas á próxima temporada alta, que comezaría na Semana Santa, son 100 visitas diarias, en dúas quendas e 20 fondeos.
Regúlase tamén o atraque de embarcacións, con e sen motor, e calquera visita ou actividade deberá contar co permiso correspondente.
O obxectivo é que na primavera estea dispoñible unha aplicación que permita xa facer as solicitudes. Esta orde someterase a exposición pública para facer achegas ata o 8 de novembro.