Publicador de contidos
Publicador de contidos

A intelixencia artificial no turismo: elixe o viaxeiro ou o algoritmo?

A intelixencia artificial no turismo: elixe o viaxeiro ou o algoritmo?

A pegada dixital aporta datos de moito interese para a industria turística

As axencias de viaxes detectan tendencias e personalizan as ofertas

 

G24.gal 28/11/2024 14:55

As buscas que facermos en Internet, o historial de reservas, as cookies... a nosa pegada dixital deixa unha infinidade de datos que falan dos nosos gustos e preferencias á hora de facer turismo.

"Xa antigamente tiñamos un historial de clientes con datos analóxicos. Agora están dixitalizados os datos, a tecnoloxía procésaos e como resultado do cóctel saen aos destinos aos que seguramente van querer viaxar", explica Fabián Buezas, director comercial de Viaxes Interrías.

"O debate está en saber cando se cruza a liña da privacidade e o intercambio de datos e o interese lexítimo das empresas por vender e dos consumidores para que lles cheguen as mellores ofertas", di Pedro Tasende, o CEO de Aporta Comunicación.

Precisamente dos pros e contras do tema falouse nestas xornadas organizadas pola Unión de Consumidores. Nelas, a intelixencia artificial manifestouse como unha oportunidade para os operadores de viaxes galegos, que xa a están a incorporar na súa estratexia.

 "A IA permite desde detectar tendencias de mercado a saber cal é a mellor hora para mandar un correo a un cliente. Ao final fai un estudo tremendo de todos os datos e dos movementos que figuran da súa conduta cando navega en Internet", engade Mar Rodríguez, CEO da Axencia de Viaxes Tee Travel.

Interpretar eses datos para dar coa viaxe ideal do cliente é o gran desafío das axencias. Teñen claro que por moito que poidan recomendar ou influír na compra, ao final o viaxeiro sempre vai ter a última palabra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade