Comeza a campaña medioambiental "Gozar da praia sen deixar pegada"
Comeza a campaña medioambiental "Gozar da praia sen deixar pegada"
Mariscadoras das confrarías do Grove, Carril e a Illa da Arousa participan como voluntarias na campaña informativa
Reparten bolsas de lixo para depositar refugallos e cinceiros para as cabichas
Son mariscadoras do concello do Grove. Participan como voluntarias na campaña "Goza da praia sen deixar pegada", que comezou esta mañá na illa da Toxa.
"Levamos gorras, cinceiros para as cabichas e bolsas do lixo para que non deixen todo ciscado na praia"
Desde aquí van ao encontro dos veraneantes. Queren sensibilizalos da importancia de respetar os recursos marisqueiros que son a fonte do seu traballo.
"Ímoslles entregar bolsas e avisalos de que non deixen residuos na praia, porque estes son os nosos bancos marisqueiros. Deles vivimos e é importante mantelos limpos", asegura Dolores Gondar, vicepatroa da Confraría do Grove
A campaña forma parte do proxecto de conservación medioambiental Plancton, promovido pola obra social de Abanca.
"Que sexamos conscientes de que con pequenas medidas podemos ter un turismo responsable. Por exemplo, podemos botar o protector solar media hora antes de ir á praia. Así podemos evitar que quede no mar e que afecte os bancos marisqueiros", explica Pilar Alves, Cordinadora de Responsablidade social de Afundación.
A campaña vaise desenvolver ao longo de todo o verán en diferentes areais dos concellos do Grove, A Illa e Vilagarcía da Arousa.