Decepción entre as mariscadoras de Noia na segunda xornada da campaña tras unha parada de dous meses
Decepción entre as mariscadoras de Noia na segunda xornada da campaña tras unha parada de dous meses
Nin o tamaño do produto, nin a cantidade nin os prezos cumpriron as expectativas
O berberecho de cuarta non chegou aos 3 euros o quilo na lonxa
Segunda xornada de traballo en Noia tras a reapertura este luns da campaña de marisqueo. Dispoñen de 3 horas e media para coller as cotas de berberecho e ameixa estipulados: 3 quilos de cada un.
Pero o desánimo impoñíase entre as mariscadoras antes de baixar á praia tras os resultados de onte. Nin o tamaño do produto, nin a cantidade nin os prezos cumpriron as expectativas.
O berberecho de cuarta non chegou aos 3 euros o quilo na lonxa, o de terceira a 7, a ameixa xaponesa pagárona a 9 euros e a escasa fina a 34. Con esta premisa, as expectativas para esta segunda xornada tampouco son optimistas.
A elevada mortaldade atribúena a varios motivos como explica Maria Piñeiro, da Agrupación de Mariscadoras de Noia: desde a apertura indiscriminada das comportas do encoro do Tambre, ata as riadas polos últimos temporais ou a contaminación.
A confraría noiesa tiña previsto manter a campaña ata a Semana Santa, pero, á visita dos resultados, ven complicado que se poida alongar tanto.