Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis dun milleiro de mariscadores de Noia retoman a campaña tras dous meses de pausa

Máis dun milleiro de mariscadores de Noia retoman a campaña tras dous meses de pausa

Poderán comprobar se o berberecho e a ameixa acadaron o seu tamaño óptimo de comercialización

A intención é manter a campaña ata despois da Semana Santa

G24.gal 03/03/2025 13:04

Máis dun milleiro de mariscadores da confraría de Noia retomaron esta mañá a campaña tras dous meses de pausa. Poderán comprobar se o berberecho e a ameixa acadaron o seu tamaño óptimo de comercialización.

A intención da confraría é manter a campaña ata despois da Semana Santa, pero vai depender da evolución das capturas, dos prezos en lonxa e do estado dos recursos.

Desde o inicio da campaña o pasado 14 de outubro a confraría de Noia facturou case 5 millóns de euros pola comercialización de 850.000 quilos de berberecho, ameixa e ostra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade