Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Euribor volve quitarnos un sonriso, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O Euribor volve quitarnos un sonriso, por Venancio Salcines

(Arquivo / Europa Press / Eduardo Parra)
Venancio Salcines 03/03/2025 07:59

O Euribor volve baixar. En xaneiro, a media do mes foi un 2,52; en febreiro, un 2,40, e todo parece indicar que continuarán as baixadas. A moderación, tanto da inflación xeral como da subxacente, na eurozona, continua e o pulo económico de Europa Central segue baixo. Alemaña e Francia son o 50 % da Unión Europea; a primeira ten problemas para crecer e a segunda farao dun xeito tímido. Falta demanda, e, sen ela, fácil que avancemos na desinflación e, polo tanto, nunha baixada de xuros.

Canto? Pouco. Dentro do Banco Central Europeo non existe unanimidade. Existen voces que teñen medo de facer unha baixada excesiva e prefiren ir pouco a pouco, vendo o que pasa. O que si que podemos afirmar é que é moi posible que este ano nos situemos nun garfo de entre o 2,2 % e o 2 %. Por debaixo do dous por cento non se ve o Euribor. Os analistas non ven as condicións macro que poidan levalo por debaixo desa cifra.

Para as familias que estean a revisar este mes os xuros da súa hipoteca será un bo mes. Un préstamo de 150.000€ a 25 anos, cun diferencial sobre Euribor dun 1 % verán que o custo mensual se reducirá en 105 €, pasando de 973 € a 868 €.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade