Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fundación ABANCA recolle 1.300 quilos de lixo no illote Guidoiro Areoso

A Fundación ABANCA recolle 1.300 quilos de lixo no illote Guidoiro Areoso

Desde que botou a andar o proxecto PLANCTON levan recollidas case 67 toneladas de residuos nos mares e areais galegos

G24.gal 13/04/2024 19:57 Última actualización 13/04/2024 20:55

PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial da Fundación ABANCA, continúa o seu labor de limpeza do mar e dos areais galegos. Desta volta, recolleron 1300 quilos de lixo no ilote Guidoiro Areoso, o Caribe galego da ría de Arousa. 

Un total de 62 persoas voluntarias entre terra e mar. A pé recolleron 100 quilos de lixo. Ao fondo do mar, accesible só aos mergulladores, baixaron con osíxeno os navalleiros da Illa e a pulmón os mergulladores do club Pérez-Sub e os do Raspa de Vilagarcía. 

"Basicamente recóllense nasas, tramallos, pneumáticos, das defensas das embarcacións de acuicultura, que lles caen ao mar. Non é que os tiren, é que lles caen. E todo  refugallo, polas correntes, conflúe nesa zona", conta José Luis Peso, o  presidente do C. D.Pérez-Sub.

"Son aparellos perdidos, non grandes cantidades pero os aparellos son voluminosos. Eses aparellos están facendo unha pesca pantasma. Ao final non é un peixe que se poida vender, e están morrendo peixes aí. Hai que sacalos aparellos", engade Juan José Rial, o patrón maior da confraría da Illa de Arousa. 

Desde que botou a andar o proxecto PLANCTON da obra social da Fundación ABANCA levan recollidas case 67 toneladas de lixo nos mares e areais galegos. Aquí, neste recuncho da Ría de Arousa, coa limpeza deste sábado máis de sete toneladas.  

"A confraría da Illa ten unha conciencia medioambiental excepcional e gústanos moito facer actividades con eles. Xúntanse dúas disciplinas, os mergulladores que traballan para gañar o pan, e os mergulladores que o fan cun espírito deportivo, entendéndose perfectamente porque o beneficio é o propio medio ambiente", matiza Pilar Alves, coordinadora de R.S.C. Fundación ABANCA.

Por iso, ao ser a quinta vez aquí, os voluntarios buscadores de lixo atoparon o fondo que rodea o Areoso e o propio areal máis limpos. Aínda así recolleron 1.300 quilos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade