Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban 300 euros e 170 paquetes de tabaco dun bar da Illa

Rouban 300 euros e 170 paquetes de tabaco dun bar da Illa

Calculan que o valor do tabaco roubado podería ascender a máis de 1.200 euros

G24.gal 07/02/2023 14:41

Ao parecer os ladróns entraron de madrugada pola parte traseira do bar Cañón da Illa de Arousa. Saltaron un muro duns catro metros, romperon o cristal e forzaron a pechadura da porta traseira do local.

Primeiro foron á caixa rexistradora e levaron o que había, máis o cambio da máquina de tabaco, en total uns 300 euros.

Despois abriron a máquina e levaron uns 170 paquetes de cigarros. A Garda Civil está investigando os feitos relatados pola propietaria que denunciou os feitos.

"O ladrón colleu na caixa rexistradora o cambio e a chave da máquina de tabaco e deixouna completamente baleira. No almacén tiñamos unha bolsa da compra con máis cartóns que tamén levou. Cada cartón custa uns 50 euros, calculamos que en tabaco roubou uns 1.200 euros", lamenta María Luísa Cañón Mariño, propietaria do bar asaltado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade