Arde unha embarcación na Illa polo impacto dunha bomba de palenque
Arde unha embarcación na Illa polo impacto dunha bomba de palenque
A lancha recreativa estaba fondeada no peirao e a rápida intervención de veciños e bombeiros evitou que se afundise
Estaban de festa este domingo na Illa coas celebracións do Corpus con alfombras de flores e lanzamento de fogos de artificio.
O infortunio fixo que unha das varas que acompañan as bombas de palenque caera sobre unha lancha recreativa situada no peirao do Campo. O impacto fixo que comezara a arder a embarcación e levantara unha gran columna de fume negro.
A rápida intervención dos veciños e da Policía Local, que achegaron a barca ao peirao e colleron o camión de bombeiros municipal para apagar o lume, evitou que quedase completamente calcinada.
Logo fixéronse cargo da extinción do incendio os bombeiros, que sacaron a auga da lancha para evitar que se afundise.
Todo sucedeu pouco despois da unha da tarde. Os veciños que estaban no lugar avisaron de que unha embarcación fondeada no mar comezaba a botar fume. Deron o aviso a emerxencias pero decidiron actuar. Con outra lancha remolcaron a afectada polo incendio ata o peirao. Cando chegaron os bombeiros do Salnés o lume xa estaba practicamente controlado.
Por fortuna, no incidente só hai que lamentar danos materiais.