A Xunta informa as confrarías sobre o cambio para que poidan vender en lonxa os excedentes marisqueiros
A Xunta informa as confrarías sobre o cambio para que poidan vender en lonxa os excedentes marisqueiros
A Xunta informa as confrarías sobre o cambio para que poidan vender en lonxa os excedentes marisqueiros
O obxectivo é que os pósitos poidan contar entre os seus recursos o obtido en primeira venda dos excedentes de marisco, coñecidos como 'demasías', que en ningún caso poden superar os topes
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reuniuse con representantes das federacións de confrarías para informalos do cambio normativo incluído na lei de acompañamento aos orzamentos galegos de 2025 que permitirá que poidan vender en lonxa os excedentes marisqueiros, unha vella reivindicación do sector.
O obxectivo é que os pósitos poidan contar entre os seus recursos o obtido en primeira venda dos excedentes de marisco, coñecidos como 'demasías', que en ningún caso poden superar os topes establecidos no propio plan de xestión ou nas autorizacións mensuais emitidas pola consellería.
Esta medida busca mellorar o financiamento propio das confrarías para atender as actividades vinculadas cos plans de xestión do marisqueo, de forma que se favoreza a súa autonomía económica. Este cambio permitirá a súa ordenación e aplicación baixo criterios uniformes, á vez que achega transparencia na forma en que cada unha das entidades realiza a xestión de excedentes.
Por outra banda, deu conta ao sector das medidas executadas ou en execución por valor de 50 millóns no marco do plan autonómico que alcanzará un global de 123 millóns de euros.
O encontro está enmarcado nas reunións periódicas entre a Consellería do Mar e os máximos representantes do sector pesqueiro no modelo de xestión de cogobernanza da actividade pesqueira e marisqueira da comunidade.