Traballan para recuperar a produción leiteira da rubia galega
Traballan para recuperar a produción leiteira da rubia galega
Cada vaca podería dar 18 litros diarios cun alto contido en graxa e proteína
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo terá os primeiros resultados en xaneiro
Hai oitenta anos, as vacas rubias producían leite e carne e traballaban as leiras. Hoxe só se dedican a carne. Pero investigadores do galegos queren recuperar as liñas xenéticas de leite. De conseguilo, poderíanse ter animais de 18 litros diarios e, o máis importante, cuns niveis de graxa e proteína de máis do 4%, é decir, superiores os das vacas Jersey.
"A cantidade de sólidos no leite sería superior á das Jersey. Estamos xa seleccionando exemplares coas técnicas da xenómica", di Luis Vázquez Sande, do CIAM
En xaneiro nacerán as primeiras xatas desa liña leiteira que se está a recuperar e será o momento, mediante a xenómica, de coñecer as súas aptitudes. De ser positivo o resultado, a fabricación de queixos e manteigas sería a gran beneficiaria e, ademais, co plus que leva consigo utilizar unha raza autóctona.
"Habería a posibilidade de fabricar queixos cun alto contido graxo e co valor engadido de utilizar leite de raza autóctona."
Outra vantaxe é que as vacas rubias leiteiras gañarían en calidade da carne e poderían adaptarse tanto a sistemas intensivos coma extensivos.