Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escaseza de vieira no primeiro día da campaña na ría de Arousa

Escaseza de vieira no primeiro día da campaña na ría de Arousa

Cúmprense os prognósticos das mostraxes dos días previos: hai pouca vieira pero de calidade

G24.gal 02/12/2024 15:06

Había poucas esperanzas, porque as mostraxes indicaban que eran escasas, pero o tamaño é xeitoso e, aínda que se confirmou que hai moito menos que outros anos, queda moito por traballar. Por iso, a sensación na ría de Arousa é agridoce no primeiro día da campaña da vieira. Doce porque a que hai dá a medida e é boa; e agre porque, quéixanse os mariñeiros da Confraría de Cambados e Rianxo, hai moita menos da que esperaban.

Arredor de 20 de embarcacións saíron á vieira do porto de Cambados. Traballaron augas interiores da ría de Arousa, a zona 3-1: Boiro, Rianxo e Vilagarcía. As mostraxes dos días previos non convidaban ao optimismo en canto á cantidade, pero si á calidade. En declaracións á Televisión de Galicia parece máis ben un final de campaña, os mariscadores non perden a esperanza de ir mellorando co paso dos días. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade