Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG propón a creación dun banco público de alugueiro

O PSdeG propón a creación dun banco público de alugueiro

Permitiría sacar ao mercado preto de 5.000 vivendas en toda Galicia

Besteiro apunta que a construción de vivendas públicas aínda pode tardar anos 

G24.gal 13/11/2024 14:29

O PSdeG propón a creación dun banco público de alugueiro para mellorar a situación da vivenda en Galicia. Na Coruña, José Ramón Gómez Besteiro apostou por dar incentivos para sacar ao mercado as vivendas baleiras na nosa comunidade. Para o líder dos socialistas galegos, é necesario tomar medidas que dean solucións  a curto prazo, xa que a construción de vivendas públicas aínda pode tardar anos. 

"Esas vivendas baleiras pendentes de ser rehabilitadas é onde nós, os socialistas,  reivindicamos a figura dun banco publico de alugueiro vivendas que permitirá sacar cun investimento inicial duns 20 millóns de euros poderíamos sacar dunha forma moi rápida preto de 5.000 vivendas en toda Galicia", explicou Besteiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade