Publicador de contidos
Publicador de contidos

Internamento do mozo de 17 anos que matou a súa exparella, de 15, en Orihuela

Internamento do mozo de 17 anos que matou a súa exparella, de 15, en Orihuela

As actuacións xudiciais seguen baixo segredo

G24.gal 26/11/2024 19:51

O mozo de 17 anos detido como presunto autor do asasinato machista este domingo de Cloe, de só 15, dunha coitelada no pescozo na costa de Orihuela (Alacante), foi internado nun réxime pechado durante o próximos seis meses, un período que pode ser prorrogable a petición da Fiscalía.

Así o acordou a titular do Xulgado de Garda de Alacante, o de Instrución número 9 da cidade en substitución do Xulgado de Menores competente, a petición da Fiscalía de Menores tras tomar declaración ao mozo durante varias horas.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana, a xuíza de garda estimou a solicitude da Fiscalía e acordou a medida cautelar de internamento en réxime pechado durante seis meses, prorrogables por outros seis a pedimento do Ministerio Público, nunhas actuacións xudiciais que foron declaradas secretas.

O mozo foi arrestado ás 23:30 horas da noite do pasado domingo e nun principio había un prazo de 24 horas para ser posto ao dispor da Fiscalía de Menores, en Alacante, aínda que ese período foi alongado ata o mediodía deste martes a requirimento dos axentes do Equipo de Muller e Menores (EMUME) da Comandancia da Garda Civil, que se encargaron da investigación.

O crime ocorreu o pasado domingo pouco despois das 20 horas na rúa do Morral de Orihuela Costa, onde o mozo feriu de gravidade a Cloe cun corte no pescozo, uns días despois de que a moza decidise romper a relación sentimental que mantiñan.

A vítima acudiu gravemente ferida polos seus propios medios ata a vivenda do seu irmán, a un centenar de metros do lugar da agresión, e este último trasladouna de urxencia ao hospital de Torrevieja, onde faleceu despois das 21 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade