Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un aparatoso accidente entre un coche e un camión deixa un ferido en Taboadela

Un aparatoso accidente entre un coche e un camión deixa un ferido en Taboadela

O camión levou por diante máis de cincuenta metros do valado de protección da estrada

Vehículo implicado no accidente Vehículo implicado no accidente
G24.gal 28/08/2024 20:47

Aparatoso accidente de tráfico na A-52 no concello ourensán de Taboadela. No sinistro víronse implicados un turismo e un camión que transportaba coches.

O vehículo pequeno levou a peor parte e mesmo se mobilizaron os bombeiros ante a posibilidade de que houbese que sacar os ocupantes.

Finalmente non foi necesario, pero polo menos unha das dúas persoas que ían no coche quedou ferida e tivo que ser trasladada a un centro sanitario. O camión levou por diante máis de cincuenta metros do balado de protección da estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade