Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un Alvia queda dúas horas parado preto de Taboadela e paraliza a conexión con Madrid

Un Alvia queda dúas horas parado preto de Taboadela e paraliza a conexión con Madrid

O Ministro de Transportes, Óscar Puente, comparecerá este venres ante o Senado para abordar as últimas incidencias ferroviarias

G24.gal 21/08/2024 20:23

Un Alvia Madrid-Ferrol quedou parado na mañá deste mércores, pouco antes das 12 horas, preto de Taboadela (Ourense), co que deixou inutilizado durante máis de dúas horas a conexión con Madrid. O tren tivo que ser remolcado por outro convoi ata Ourense.

Organizouse un servizo de transporte alternativo con autobuses para poder trasladar aos viaxeiros.

Este suceso chega menos de 24 horas da incidencia rexistrada na estación madrileña de Chamartín, que este martes sufría problemas no sistema de electrificación.

Isto provocaba atrasos en gran parte dos trens con orixe ou destino Madrid, incluído un Alvia que se dirixía a Galicia.

Neste contexto, o Ministro de Transportes, Óscar Puente, comparecerá este venres ante o Senado para abordar as últimas incidencias ferroviarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade