Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro meses de obras e atascos no Milladoiro

Catro meses de obras e atascos no Milladoiro

Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses

Estará en obras ata finais de 2025 pola remodelación da N-550

Atasco a primeira hora da mañá na saída do Milladoiro en dirección a Santiago
G24.gal 22/01/2025 13:14

Desde que comezaron as obras no mes de setembro, os condutores que teñen que atravesar o Milladoiro, no concello de Ames, en dirección a Santiago teñen que armarse de paciencia nas horas punta.

Os atascos son unha constante, mesmo nas rutas alternativas, e as retencións provocan demoras no transporte público, complicando tamén o paso dos servizos de emerxencias.

As obras de humanización reducirán a circulación nesta travesía a un carril en cada sentido e contan cun prazo de execución de 18 meses. 

As obras de humanización do Milladoiro estanse a executar dende o pasado mes de setembro nunha superficie próxima aos dous quilómetros de lonxitude correspondente ao paso da estrada nacional N-550 polo centro urbano da vila amesá e conta cun orzamento total de 4,4 millóns de euros.

Este luns estaba previsto que se iniciaran as obras en sentido Padrón, pero desde o Concello de Ames solicitaron suspendelas ata que rematen no outro sentido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade