Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sacan dez coches retidos no garaxe de Bertamiráns incendiado hai 19 días

Sacan dez coches retidos no garaxe de Bertamiráns incendiado hai 19 días

No interior do garaxe permanecerán os dous turismos das prazas en que se iniciou o lume para tratar de dar coa orixe do sinistro

O garaxe incendiado en Bertamiráns (Ames)
G24.gal 14/01/2025 14:04

No acceso ao garaxe incendiado o pasado 26 de decembro en Bertamiráns, no concello de Ames, agardaban este martes as propietarias e propietarios dos dez coches retidos dentro desde o día do sinistro. Era a data fixada para esta acción aínda que de momento o aparcadoiro segue sen poder ser utilizado.

"Temos un cartel que marca este día como límite para retirar os coches, supoño que para empezar a limpar e apuntalar o necesario para empezar a meter os coches dentro, que os temos todos na rúa", di José, un dos afectados.

Como José ducias de persoas levan 19 días sen poder utilizar o garaxe da comunidade. A peor parte téñena os donos dos catro vehículos que quedaron sinistro total polo lume e logo os dez, como Manuel, que aínda tiñan o coche dentro e con danos pendentes de peritaxe.

"Fun unha vez cun policía local, maneira que permite entrar, para ver o coche. Pero vino a uns sete metros de distancia e estaba cheo de feluxe".

El era un dos primeiros en encontrarse co coche unha vez que os operarios retiraron os puntais para abrirlle paso. Domingo e outros, seguen agardando o seu momento e con incertezas perante a resolución como damnificados dun sinistro.

"O que me dixeron a min é que o seguro do edificio non se fai cargo de nada. Cadaquén ten que poñer cartos do seu peto para arranxar os seu coches. Aquí ninguén se fai cargo de nada".

O administrador da comunidade de propietarios declara que no aparcadoiro lindeiro dun supermercado segue co uso restrinxido a trece prazas. No soto segundo seguirán os dous coches situados no foco do incendio para efectuar as pescudas, encamiñadas a coñecer como e onde se orixinou o lume.

Tamén están pendentes os traballos de limpeza, reposición da instalación danada e reparación dos estragos no inmoble para volver gardar os coches no garaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade