Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha curva da N-552 leva máis de catro meses coa sinalización de obra sen que empecen os traballos

Unha curva da N-552 leva máis de catro meses coa sinalización de obra sen que empecen os traballos

Reduciuse a velocidade en todo o tramo e pintáronse as liñas amarelas, o que indicaba o comezo inminente da obra

Meses despois, neste tramo con risco de afundimento todo segue igual

G24.gal 16/01/2025 14:24

Os operarios da Demarcación de Estradas colocaron as barreiras a ambos os lados da vía logo de realizar catas e medicións. Ademais reduciuse a velocidade en todo o tramo e pintáronse as liñas amarelas, o que indicaba o comezo inminente da obra. Meses despois, nesta curva da N-552 todo segue igual.

Veciños e usuarios alertan da situación de perigo, xa que as fendas que atravesan a calzada están provocando o afundimento do firme.

Nin as máquinas nin os operarios volveron á estrada, que soporta o paso de milleiros de condutores que transitan entre Vigo e Redondela a diario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade