Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta abre a licitación un novo treito da autovía Tui-A Guarda

A Xunta abre a licitación un novo treito da autovía Tui-A Guarda

Trátase dun tramo de case catro quilómetros que conectará o polígono tudense de Areas coa PO-350, en Tomiño

Alfonso Rueda agarda que estea rematado antes dos dous anos previstos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a zona para anunciar a licitación
G24.gal 09/01/2025 16:50 Última actualización 09/01/2025 17:10

A Xunta abre o proceso de licitación por 18 millóns de euros dun novo treito da autovía AG-42 que unirá Tui e A Guarda. Trátase dun tramo de case catro quilómetros que conectará o polígono tudense de Areas coa PO-350, en Tomiño.

Nunha visita este xoves á zona, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que esta vía é "fundamental" para a vertebración do Baixo Miño e de Galicia e reafirmou o compromiso do seu Goberno de completar a infraestrutura ata enlazar con Goián. O presidente agarda que o treito que abre a licitación estea rematado antes dos dous anos previstos.

Alfonso Rueda marca como obxectivos prioritarios en materia de infraestruturas aumentar o parque de vivenda pública e rematar vías como a de Santiago-A Estrada, a de Santiago-Noia e Nadela-Sarria. O presidente destacou tamén a importancia de investir na conservación das vías e apunta que este ano a Xunta destinará 70 millóns ao mantemento de estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade