Egbunu: "Sentín que o Breogán era o mellor sitio para min"
Egbunu: "Sentín que o Breogán era o mellor sitio para min"
Tito Díaz, definiu o xogador como “un bo reboteador, un bo defensor”, que achegará “fortaleza” na pintura
O pivote nixeriano John Egbunu considera que coa súa fichaxe polo Río Breogán deu un paso importante na súa carreira deportiva, despois de pasar polas ligas de Corea, Italia, Israel, Turquía, Francia e A China.
“Despois de falar cos adestradores e coa organización, sentín que o Breogán era o mellor sitio para min. Obviamente a ACB é unha das mellores ligas domésticas, senón a mellor de Europa, e iso tamén me animou a vir aquí”, comentou.
Na súa comparecencia ante os xornalistas, o novo home interior do equipo dirixido por Luis Casimiro apuntou ao “físico” como a principal diferenza que atopou entre a liga Endesa e as outras ligas nas que xogou.
“Esta é unha liga moi física, pero tamén moi técnica. Ademais, moitos equipos xogan moi ben, de forma colectiva, porque están moi traballados”, indicou Egbunu.
Pola súa banda, o director deportivo do Breogán, Tito Díaz, definiu o xogador como “un bo reboteador, un bo defensor”, que achegará “fortaleza” na pintura pola súa capacidade de intimidación preto do aro.