Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seis fugas simultáneas deixan sen auga varias rúas de Lugo

Seis fugas simultáneas deixan sen auga varias rúas de Lugo

O Concello contratou unha empresa polo procedemento de urxencia para atender as incidencias

G24.gal 08/01/2025 14:30

Dende a madrugada do domingo unha avaría mantén sen auga esta rúa do centro histórico de Lugo. Aféctalles seriamente aos veciños e tamén aos catro locais de hostalería que hai na rúa. Como solución provisional, o Concello instalou unha billa aos pés da catedral, pero a actividade dos negocios vese seriamente afectada.

"Sei que nos puxeron unha billa e imos por auga para os baños e damos un servizo mínimo, porque nun funciona a cafeteira e é imposible traballar o tema das tapas", sinala o hostaleiro Juan Carlos Rodríguez.

Noutro punto da cidade, na rúa Doutor Gasalla, este bloque de dous portais e máis de 40 vivendas tamén está sen auga. Na zona non se ve polo momento obra ou arranxo ningún e só a mesma solución provisional, unha billa na rúa para abastecerse. 

"Onte pola mañá non había presión de auga e veu un operario e dixo que había unha avaría e procedía a cortar a auga. Eu ao estar no baixo, teño algo de auga, pero só para lavar as mans, para lavar cabezas non teño auga quente e os clientes non están pola labor de lavala en auga fría, evidentemente", explica o barbeiro Félix Gorgoso.

Tamén houbo avarías nas últimas horas en puntos coma o Sagrado Corazón ou As Gándaras. Estas xa se amañaron, pero os veciños din que se repiten constantemente ao tratarse dunha rede de augas moi antiga.

"Na calzada das Gándaras cada dous por tres hai roturas, e ademais os veciños quéixanse de que non hai a quen chamar para as reparacións", comenta Jaime Gueimunde da Asociación de Veciños Gatos Roxos.

Dende o Concello mesmo contrataron unha empresa polo procedemento de urxencia, pero semellan non dar abasto coa acumulación das avarías rexistradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade