Publicador de contidos
Publicador de contidos

Urxe retirar o lodo e sanear os sumidoiros nas zonas afectadas pola DINA

Urxe retirar o lodo e sanear os sumidoiros nas zonas afectadas pola DINA

Preocupa que ocasionen problemas de saúde

A rede de augas de Valencia presenta danos superiores aos 331 millóns

As redes de saneamento presentan problemas de sumidoiros en 34 concellos

G24.gal 10/11/2024 20:26

Doce días despois do paso da DINA, aínda queda lodo por retirar dos baixos e das rúas das localidades máis afectadas. Estímase que as riadas acumularon entre catro e cinco millóns de metros cúbicos de lama. As autoridades aseguran que van centrar os esforzos en sacala e en sanear os sumidoiros para evitar problemas de saúde.

"É unha cuestión capital", subliña a delegada do Goberno na Comunidade Valenciana.

"Vanse acordar coa Confederación e o CSIC os puntos idóneos para depositalos", engade a voceira do Centro de Coordinación de Emerxencias.

Tamén se traballa na recuperación da subministración de auga para os veciños. 7.000 fogares están sen ela; en cinco concellos a auga que se recibe non é potable e noutros 60 é preciso fervela para beber ou cociñar. Desde a Generalitat recomendan como norma xeral que só se consuma auga embotellada.

Este luns recupéranse as clases en 49 centros educativos da zona afectada que non sufriron danos. O resto esperan reabrir progresivamente. Mentres estableceuse un sistema de acollemento de alumnos noutros centros.

"Os nenos xa necesitan volver ao colexio", di unha nai que axuda na limpeza dunha escola.

Para facilitar o regreso aos postos de traballo, este luns empeza a funcionar unha lanzadeira permanente de autobuses aos polígonos industriais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade