Publicador de contidos
Publicador de contidos

O barrio de Monelos, na Coruña, asolágase pola rotura dunha tubaxe e estará sen tráfico durante uns días

O barrio de Monelos, na Coruña, asolágase pola rotura dunha tubaxe e estará sen tráfico durante uns días

A rúa Cabaleiros, entre a saída do aparcadoiro da estación de autobuses e a avenida de Chile, quedará cortada durante unha semana

Inundación na glorieta do barrio de Monelos Inundación na glorieta do barrio de Monelos
G24.gal 03/12/2024 11:44

A rotura dunha tubaxe provocou unha inundación no barrio coruñés de Monelos obrigando a cortar a circulación na rúa Cabaleiros durante "máis ou menos durante sete días", segundo informou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

"En principio, non hai danos graves", asegurou para apuntar que espera que "nos próximos días se poida solucionar" e tamén explicou que "as afeccións máis relevantes polo desbordamento producíronse no solar da obra na Rolda de Outeiro esquina Pérez Ardá". 

A rexedora concretou que "queda cortado máis ou menos durante sete días o tramo de rúa Cabaleiros entre a saída do aparcadoiro da estación de autobuses e a avenida de Chile".

A incidencia, con todo, non durou demasiados minutos e xa a primeira hora da tarde o tráfico fluía con total normalidade, malia que algúns locais de hostalería tiveron que achicar a auga para evitar estragos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade