Sete artistas gráficos en sete cidades galegas amosan o seu proceso creativo en simultáneo
Sete artistas gráficos en sete cidades galegas amosan o seu proceso creativo en simultáneo
A macroexposición Simultánea achega ao público a colección de arte propiedade de Afundación.
Nunha sala de exposicións transformada en estudio de creación, a humorista gráfica Flavita Banana dá vida á súa propia versión, en formato viñeta, de obras de Julia Minguillón e Maruja Mallo que forman parte da mostra Simultánea.
A propia artista considera que "este é un bo xeito de unir a arte actual coa máis clásica e sobre todo as interpretacións que creo que son moi importantes".
MEntres na Coruña o público pode conemplar en vivo e en directo o proceso crativo de Flavita Banana, outros artistas gráficos de xeito simultáneo estaban a facer o mesmo nas sedes que Afundación ten espalladas polo resto de cidades galegas.
Artistas como David Rubín en Ourense, Siro en Ferrol ou Luis Davila en Vigo. Ilustradores de diferentes estilos, linguaxes e soportes. Na sede de Afundación en Santiago foi onde se inspirou a muralista Iria Fafián para reinterpretar obras de Vari CAramés e Urbano Lugrís.
A macroexposición Simultánea achega ao público a colección de arte propiedade de Afundación.