Publicador de contidos
Publicador de contidos

O único circo con carpa en galego leva a Compostela a historia de Pinocho

O único circo con carpa en galego leva a Compostela a historia de Pinocho

É o primeiro na nosa lingua e combina teatro musical e números circenses

Estará en Santiago ata o 4 de xaneiro contando as aventuras do boneco de pau

G24.gal 29/12/2024 14:05 Última actualización 29/12/2024 15:15

O Circo de Pinocho está en Santiago de Compostela este Nadal cunha montaxe que mestura música, teatro, malabaristas, acróbatas, equilibristas e a maior parte dos personaxes do conto infantil.

Ata o próximo día 4 ofrece funcións para todos os públicos que queiran descubrir baixo que feitizo está o protagonista.

"Eu son Pinocho e este é o meu circo", así se presenta o personaxe arredor de quen van acontecer as peripecias desta historia.

"Neste circo está Pinocho, está a Fada Mimadriña, que é trapecista, e Geppeto, que se esqueceu de construír un pallaso. Entón non lle queda outra ca facer el de pallaso diante dos nenos e das nenas, e temos a Pepiño Grilo, que é o mestre de cerimonias", describe Xandre Vázquez, produtor do Circo de Pinocho, de Educateatro Producións.

Pinocho, despois de non dicir mentiras e portarse ben, converteuse nun neno de verdade. O que non sabía a xente é que o seu maior desexo era ter un circo. 

"Temos malabaristas, acróbatas, trapecistas, maxia e de todo", explica Pinocho.

"Había un home que ía por unha corda camiñando e unha moza que se subía a un aro e facía piruetas no aro", conta Iris despois de ver a función.

"Cantamos, bailamos, facemos todas as escenas de Pinocho e ademais doulle paso unha e outra vez a todas as artistas que voan na carpa", di Pepiño Grilo.

A Pinocho pode ir velo todo o mundo porque todos o coñecen, desde nenos pequenos a xente maior e, ademais, este é o único circo de carpa galego que existe e é o único en galego porque todo o espectáculo é na nosa lingua. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade