Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohibidos os tractores polo centro de Bertamiráns, un dos maiores núcleos de poboación da contorna de Santiago

Prohibidos os tractores polo centro de Bertamiráns, un dos maiores núcleos de poboación da contorna de Santiago

A decisión do Concello está a suscitar as queixas dos gandeiros da contorna

A medida adoptouse para mellorar a seguridade viaria tras o atropelo dunha muller o ano pasado 

Un dos sinais que xeran a polémica en Ames
G24.gal 20/01/2025 14:06

Desde hai algo máis dun mes os vehículos agrícolas teñen prohibido circular polo centro de Bertamiráns. O Concello argumenta que adoptou esta medida para garantir a seguridade peonil tras o atropelo mortal rexistrado o ano pasado. Os principais prexudicados, os gandeiros da contorna, ven a medida excesiva.

Na rúa as opinións están divididas. Hai quen apoia a medida e quen a ve inxusta para a actividade agrícola e gandeira.

Gandeiros de Ames, Brión, Lousame e Rois son os principais prexudicados. Algúns mesmo pensan en deixar de traballar fincas ás que ven inviable acceder. É o caso de Gerardo Picadizo, un gandeiro de Rois que traballa leiras para forraxe na zona de Milladoiro e Roxos.

Os afectados non ven viables nin seguras as alternativas que lles propoñen no Concello porque teñen que ir por pistas. Enviaron escritos ao Goberno municipal para negociar algunha solución menos drástica.

Desde o Concello aseguran que hai alternativas para a actividade gandeira e agrícola e que xa llas trasladaron ás persoas que se achegaron a preguntar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar