Con sol de fronte cómpre reducir a velocidade
Con sol de fronte cómpre reducir a velocidade
O sol da mañá e da tardiña pode supoñer un perigo para a condución
Conducir co sol de fronte é unha complicación que en moitos casos pode supoñer un perigo. Os expertos recomendan, sobre todo, reducir a velocidade.
Di Suso Vilariño, director da Autoescola Santa Eulalia que "as primeiras horas da mañá e a última hora da tarde o sol incide de forma directa nos ollos, así que, sempre é aconsellable ter o noso vehículo a ser posible co sistema anticegamento, que estea limpo e procurar que non estea raiado".
Engade tamén que "o máis importante é diminuír a velocidade porque temos que ser capaces de se encontramos un obstáculo no camiño ser capaces de deternos, e con lentes de sol para protexernos non debería haber problema".
Outra advertencia que subliña Vilariño é que "se optamos por deter o coche asegurarnos sempre que o facemos fóra da estrada, do contrario, mesmo na beiravía, pode vir outro vehículo que lle pasou igual que a nós e provocar unha colisión".