Mondoñedo, un dos cen destinos imprescindibles da xeografía española para este 2025
Mondoñedo, un dos cen destinos imprescindibles da xeografía española para este 2025
A revista especializada de viaxes National Geographic volve recomendar a vila mariñá
A vila tamén figura na listaxe das máis bonitas de España
Cunha catedral patrimonio da humanidade, un centro histórico con encanto medieval, rodeada dunha paradisíaca zona natural fan da visita a Mondoñedo unha experiencia única. "É unha cidade histórica, moi bonita por iso a recomendan", di un veciño.
A vila volve estar entre os cen destinos recomendados para este 2025 pola revista de viaxes National Geographic. "É como un Santiago en pequeno, as súas rúas empedradas, a catedral", di o alcalde, Manuel Ángel Otero.
Tamén figura na listaxe das vilas máis bonitas de España. Recoñecementos que están a axudar a desestacionalizar o turismo. "Moita xente vén porque a viu recomendada nas vilas máis bonitas de España. O ano pasado visitaron a vila 486.500 persoas", asegura a concelleira de Turismo, Patricia Otero.
O corazón da vila esta na praza da catedral, presidida pola principal xoia do seu patrimonio. Camiñar por Mondoñedo e facelo por rúas milenarias cargadas de historia. Este ano cúmprense 40 anos da declaración do seu centro histórico coma conxunto histórico artístico. "Que houbese turismo tamén as fins de semana que sempre dá máis vida", afirma unha veciña.
Mondoñedo é tradición, historia e natureza e tamén parada obrigada para os peregrinos do Camiño Norte. "A catedral e a rota da auga, ven moita xente", di outra.
A vila invita a desconectar, porque como di o dito popular "en Mondoñedo o tempo detense, faise pedra".