Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil alerta dun novo método para roubar ao descoido dentro dos coches

A Garda Civil alerta dun novo método para roubar ao descoido dentro dos coches

O que se coñece como método da semente empregase para distraer a vítima cando está dentro do vehículo, mentres un cómplice aproveita para entrar pola porta do acompañante e roubar o que atopa

G24.gal 14/01/2025 14:35

A Garda Civil alerta dun novo método de roubo que empregan os delincuentes para roubar ao descoido dentro dos coches. Unhas moedas ou unhas chaves son o reclamo para chamar a atención das vítimas. Cando a vítima sae do coche para recoller eses obxectos, o cómplice do ladrón entra pola porta do copiloto e leva o que atopa a man.

É o que se coñece como método da semente. En Ourense xa hai dúas persoas detidas.

Os estacionamentos dos centros comerciais adoitan ser os lugares escollidos para cometer o roubo, aínda que a técnica tamén se usa nos caixeiros automáticos. O que a Garda Civil recomenda é evitar calquera tipo de distracción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade